chégame un comentario (rectificación) dende o pasado. unha foto que era supostamente de margarita nelken, onde aparece co impresionante complemento dunha espectacular pistola.

quedo impresionada, moi impresionada, por darme conta que non vin esa pistola ata que me fixeron fixarme nela. e pasaron dous anos!

a foto é falsa, e trae aínda agora consecuencias baseándose nesa foto de tal maneira que a memoria histórica queda falseada.

procurando outra imaxe da feminista, aparecen moitas discusións sobre a reputación desta señora.

o pasado aínda non está curado, doe hoxe en día, ábrense as feridas moi facilmente...

poño entón outra foto para completar a anotación do pasado.

margarita

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

soñei que escribía os meus soños.

sempre húmidos. sempre xusto por baixo da pel.

a calor fai que tire coa roupa. que me tumbe na cama sen que me rodee nengún tecido. nos meus soños todo é posible. e tento durmir.

mais ti non me deixas.

fasme levitar. flotar. suar. delirar. suspirar.

non me permites que o sono me leve.

déixome facer e a relaxación é total. completa. absoluta.

entón son eu quen non te deixo.

resísteste.

entro e invádesme. desapareces.

soñando esperta, espida. non durmo. non vivo. non existo.

espida

soñei que escribía os meus soños.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

caladiños, si. pero calados en galego!

remata desta maneira tan fermosa e contundente débora campos nos seus fíos invisibles a súa despedida do diario cultural, nesta nova etapa de censura encuberta.

coa escusa da austeridade van pechando programas, van calando bocas, mentras malgastan os cartos en enquisas mal feitas e inútiles coas que xustificar unha política absurda.

se fose posible un silencio absoluto, un calar todos ao mesmo tempo, non participar dos seus diálogos, non votar... ese silencio non otorgaría, sería ben reivindicativo. calo porque non teño nada que dicir ante as túas imbecilidades.

silencio...

...

...

ocorre que os imbéciles somos nós mesmos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

rosa aneiros fixo unha recomendacións de lecturas.

añado as lecturas en forma de blogs que recomenda.

só por ler cousas interesantes. que ben falta fai.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

leo na voz de galicia un artigo de isaac díaz pardo, onde fala da colonización de galiza. colonización no económico.

no comentario que ricardo arias deixa neste blog fala do minifundismo no terreo das ideas.

unha ten a sensación de que o debate, o gran debate que se está a producir agora mesmo non é máis que avivar un lume para ternos entretidos: falade da lingua, pensade na lingua, non miredes máis que a lingua... e mentras tanto adicámonos a vender todo o resto.

onde está o importante de verdade?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google