soñei que escribía os meus soños.

sempre húmidos. sempre xusto por baixo da pel.

a calor fai que tire coa roupa. que me tumbe na cama sen que me rodee nengún tecido. nos meus soños todo é posible. e tento durmir.

mais ti non me deixas.

fasme levitar. flotar. suar. delirar. suspirar.

non me permites que o sono me leve.

déixome facer e a relaxación é total. completa. absoluta.

entón son eu quen non te deixo.

resísteste.

entro e invádesme. desapareces.

soñando esperta, espida. non durmo. non vivo. non existo.

espida

soñei que escribía os meus soños.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

One Response to “ensimismada”

  1. A.C. Says:

    Machado decía que soñaba que soñaba. Gustaríame ser Leonor…

    Bicos

Leave a Reply