saiu publicado o outro día un estudio(?) no periódico el país sobre a posible unión entre españa e portugal. non fala de se sería unha monarquía ou unha república. tal vez unha república monárquica ou unha monarquía republicana (parlamentaria). só fala dunha posible federación dos dous países. tampouco fala de como se chamaría esta federación (unión ibérica?).
tal vez se se pensase nunha federación española podería confederarse con portugal (isto son os dous primeiros puntos da conclusión de sempre en galiza de castelao publicado no ano 1944!!!) tal vez... pero parece que a idea non vai por aí. parece que se fala dunha españa (unha soa) que se xunte con portugal.
e como se faría. unha comunidade máis na españa? ou sexa, unha absorción de portugal por parte de españa. non parece xusto, non?
unha confederación? aí xurdirían entón voces tratando de que algunhas das comunidades autónomas tiveran o mesmo status que o territorio de portugal. estaría disposto españa a isto?
parece que a idea é ben bonita se só se pensa na posibilidade, pero en canto se afonda un pouquichiño xurden espiñas.
en canto se fala dos idiomas, só neste punto, xa aparecen os problemas. nada de aprender portugués. para que? se os portugueses entenden ben o español! aquí se presenta en toda a súa magnitude os problema cos distintos idiomas que se falan na españa. idiomas españois? poderíase pensar, pero non, só son idiomas de zonas concretas, de autonomías. entón non son españolas? entón... (é como para non entender nada).
que alguén me explique que idoma se falaría, ou se aprendería, nesa unión ibérica. español en españa e portugués en portugal? que unión é esta?
e volvo ao de sempre. se un español non sabe os idiomas que se falan na súa terra, como vai pensar en aprender unha nova. que non sería tan nova, pois pódese pensar que xa se fala en galiza (con algunha diferencia, con outro sotaque) ah, claro, pero é que os españois non falan galego. ben, algúns si, non?
resumindo: ben difícil é que se convirta en realidade esta idea tan bonita. habería que mudar a mentalidade de moita xente. abrir a mente. ser máis libres. mais estamos presos dos nosos prexuicios imbéciles. tamén tería que haber máis coñecemento mútuo, por desgraza.

imaxe da bandeira collida de el bosque de la larga espera
aínda non me recuperei da impresión que me causou que o candidato que comparou os abusos a menores co aborto obtivera a maior cantidade de votos nas eleccións europeas.
o malo non é que unha persoa faga estas declaracións, o malo é que non teña ningunha consecuencia. formamos parte dunha sociedade completamente durmida, aletargada.
canto máis coñezo á xente máis me escondo no monte.
